Madrugadores 2016-2017

Continuamos este ano tamén co servizo de madrugadores, máis este ano tede en conta as seguintes novidades:

  • os nenos teñen que entregase á monitora (Mary),
  • os almorzos se dan so ata as 8.30.

Consultade aquí (Madrugadores) toda a información e descargade a Ficha de madrugadores.

Grazas

 

Madrugadores 2015-2016

Como novidade este ano no apartado de madrugadores, a actividade comezará 15 minutos antes, ás 7.45, e haberá duas monitoras, María e Mary.

Consultade aquí (Madrugadores) toda a información e descargade a Ficha de madrugadores.

Grazas

Prazas de piscina

Unha vez confirmada a renovación das prazas de piscina do curso anterior, estas son as vacantes nas piscinas de Valadares e Travesas (as prazas de Navia xa están completas):

Piscina de Valadares:
Luns                       16.45                       1 praza
Martes                    16.45                       8 prazas
Mercores                16.00                       2 prazas
Xoves                     16.45                       2 prazas

Piscina de Travesas:
Martes                    16.00                       4 prazas
Mercores                16.00                       2 prazas
Xoves                     16.45                       7 prazas

Se estades interesados en algunha delas, poñédevos en contacto co tel da Anpa.

Grazas

Firmas para o autobús

Como sabedes, o ANPA está recollendo firmas para enviar á Consellería de Educación, con unha serie de reclamacións relativas ao servicio de transporte escolar. Fixádevos que son duas follas distintas, pois tenemos que enviar as firmas orixinais a distintos sitios da Consellería. Si vos quedades sin espazo e teneis máis xente a que pedirlle a firma, aquí tendes os modelos (Firmas para xefatura e Firmas para transporte) para descargar. Cantas máis mellor!

Moitas grazas pola axuda!

ANPA

Modelo de xustificante de ausencia

justificante de ausencia

Para as familias cuxos nenos no asistirán ao cole os próximos días 27 e 28 de maio, deixámosvos un modelo de xustificante, que teredes que encher cos vosos datos, para xustificar a falta, que é obrigatorio.

Ademáis, sería apropiado que antes do día 27 e 28 puiderais comunicar a ausencia, ainda que sexa por teléfono, para que se poda organizar o menú do comedor e non tener que tirar comida que non se va a usar.

Gracias a todos polo respaldo a decisión dos pais e nais afectados este ano.

ANPA

Concurso O Cabaleiro

Ola amigos,

Nas mochilas dos nenos levaron una carpeta para participar no I Concurso de redacciones e debuxos organizado pola Anpa e o equipo de normalización lingüística do noso centro escolar.

E un proxecto para facer en familia, a intención é que participedes na eleción do nome do Cabaleiro, imaxen de noso Anpa grazas a ilustración que no regalou Andrés Mexide.

Os nenos de infantil teñen que decorar a ilustración como mais vos guste (pintar, adornar, etc…) e non vos olvidedes de escribir o nome que vos guste. Os nenos de primaria, ademáis teñen quee facer un pequeño conto no espazo habilitado onde explique o motivo do nomeb que elixades para o Cabaleiro.

O prazo de entrega é o vindeiro venres día 27 de marzo.

Aquí tendes os archivos que se enviaron, por si alguén non os recebeu.concurso_cabaleiro_1e2P concurso_cabaleiro_3_4_5e6P concurso_cabaleiro_infantil

Grazas por participar e moita sorte!

Achegámosvos información sobre unas xornadas de Educación Viaria que esperamos sexan de voso interese.

Educación Viaria

Anpa

Xornadas de educación vial no CEIP Sárdoma-Moledo

Concentración “Come e cala”

come e cala4

Estimadas familias:

Convocámosvos a unha concentración na Porta do Sol baixo o lema “COME E CALA” o vindeiro venres 16 de xaneiro de 2015 ás 20.00 horas.

A finalidade é camiñar hacia un novo decreto de comedores: traballar para que a Consellería sexa capaz de escoitarnos.

Os comedores de xestión directa estamos a pasar un proceso decadente. Os cartos que a administración invirte no noso cole non son suficientes para poder ofertar unha comida de calidade nin para ter unhas coidadoras profesionais e non nais voluntarias

Contamos con todos vos na Porta do Sol o 16 de xaneiro, baixo o lema “Come e cala”.

Temos a venda no local da Anpa unhas chapas co lema da concentracion a 1 euro.

Vigo, 14 de Xaneiro de 2015

ANPA COLEXIO “A PAZ” TINTUREIRA

Rectificar es de sabios

Por que o cortés non quita o valente, gustaríanos dar visibilidade a este editorial que se publicou fai xa máis de un mes a tenor do conflito to ano pasado co comedor do cole e os directores sancionados. Merece a pena lelo.

Rectificar es de sabios, El Correo Gallego

madrugadores e árbore

Benvido decembro!

Os peques de madrugadores miran a árbore de Nadal adornado por figuras feitas por eles.

Benvido decembro!